Site icon Crónica3.com A Mariña

O espectáculo ‘Grandes Éxitos: 2004-2024’ do contacontos Caxoto chega este sábado a Burela

Burela, 3 de outubro de 2024. O Concello de Burela está a acoller, no marco do programa Ler Conta Moito, diferentes actividades para promover a lectura nestas semanas.

A seguinte actividade virá da man do contacontos Caxoto co seu espectáculo ‘Grandes éxitos: 2004-2024″, ás 18:00 do sábado 5 de outubro na Casa da Cultura de Burela.

Caxoto celebra deste xeito os seus 20 anos encima dos escenarios, nos que a música tivo un papel fundamental acompañando os seus contos. A través da música tradicional, dos xogos musicados, das canción infantís de toda a vida e dos seus peculiares instrumentos o artista repasará o seu amplo repertorio musical.

Despois será a quenda de ‘Historia dunha gaivota’ de Trécola Producións, o sábado 12 de outubro tamén ás 18:00. Todas as actividades serán de balde e aptas para un público infantil e familiar, e terán lugar os sábados.

Exit mobile version