Site icon Crónica3.com A Mariña

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, asistiu este venres ao acto de irmanamento entre Mondoñedo e Ferrol no Día Grande das San Lucas, as festas máis antigas de Galicia

Tras este evento, que tivo lugar no Salón de Plenos da casa consistorial de Mondoñedo, Carlos López participou na entrega de premios do tradicional concurso de gando. A programación desta tradicional cita continuou nesta xornada festiva con actuacións musicais e unha representación de monicreques.

Exit mobile version