Grazas a este proxecto, ademais da mostra, estanse a levar a cabo outras actividades vencelladas ao coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro e de sensibilización e coidado do medio mariño, co fin de favorecer o benestar psicolóxico e social das persoas con doenzas mentais. En definitiva, distintas actuacións que permiten aos destinatarios achegarse de forma activa e consciente ao mundo do mar.
A programación consta de varias iniciativas. Por un lado, baixo o título ‘Un mar de diversión. Integración e cultura’, se realizarán diversas actividades orientadas a desfrutar dun tempo de ocio activo e saudable que axude a eliminar pensamentos autolíticos e a sentirse produtivos. Por outra banda, no marco de ‘Un mar de saúde’ realizaranse diferentes accións relacionadas co coidado do mar, a sensibilización medioambiental e o coidado da propia saúde. Por último, inclúe o proxecto ‘Un mar de coñecemento’, que ten como finalidade a obtención de información das Confrarías de Ribadeo, Burela e Celeiro e das redeiras de Burela, así como de aspectos de interese ao longo da historia relacionados co mundo mariño.