Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro e o Centro Comercial Histórico celebran a noite de Samaín con diversas actividades

Viveiro, 30 de outubro de 2024. O Concello de Viveiro e o Centro Comercial Histórico de Viveiro celebrarán a noite de Samaín mañá, xoves 31 de outubro, con múltiples actividades para todos os públicos.

A conmemoración desta data incluirá música polas rúas, destacando a actuación dun DJ na praza Maior, e repartos de caramelos nas tendas do Centro Comercial Histórico.

“Agardamos que a rapazada de Viveiro desfrute moito desta festa de Samaín e faga moito truco ou trato”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

“Queremos agradecer ao Centro Comercial Histórico que colabore con nós nestas iniciativas, sempre é un pracer traballar en conxunto”, engade a concelleira.

Exit mobile version