Viveiro, 30 de outubro de 2024. O Concello de Viveiro e o Centro Comercial Histórico de Viveiro celebrarán a noite de Samaín mañá, xoves 31 de outubro, con múltiples actividades para todos os públicos.
A conmemoración desta data incluirá música polas rúas, destacando a actuación dun DJ na praza Maior, e repartos de caramelos nas tendas do Centro Comercial Histórico.
“Agardamos que a rapazada de Viveiro desfrute moito desta festa de Samaín e faga moito truco ou trato”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
“Queremos agradecer ao Centro Comercial Histórico que colabore con nós nestas iniciativas, sempre é un pracer traballar en conxunto”, engade a concelleira.