A Semana Santa de Viveiro convidada pola Rede Europea de Semana Santa e Pascua estará presente na mesa de “ patrimonio inmaterial sacro” na cal se presentasen algúns dos actos máis importantes dos que conforman este patrimonio inmaterial sacro en España, Os Incensarios de Loja, os picádevos de San Vicente de Sonsierra, as figuras Bíblicas de Puentegenil e o Santo Encontro de Viveiro.
Coa presenza neste importante evento internacional seguimos potenciando a nosa Semana Santa e dando a coñecer unha das nosas xoias, O Santo Encontro que organiza desde tempo inmemorial a Venerable Orde Terceira Franciscana na mañá do venres Santo.