Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Vilalba adopta medidas para o calmado do tráfico en Benxamín Paz e en varios puntos do rural

Vilalba, 16 de Outubro de 2024. O Vicealcalde e responsable de Mobilidade do Concello de Vilalba, Modesto Renda, informou da adopción de medidas de calmado de tráfico na Rúa Benxamín Paz e nos puntos máis conflitivos da zona rural. Unha nova actuación en aras de mellorar a seguridade viaria por parte do executivo vilalbés, que se complementou coa recolocación das dúas bandas reductoras da velocidade que causaban un trastorno na calidade de vida da veciñanza.

Así, reforzouse a sinalización e colocáronse novas bandas reductoras da velocidade en:

1. ️Rúa Benxamín Paz (Centro urbano)
2. Vial de acceso a Moscarán (Árbol)
3. Vial de acceso á Escoira (Xoibán)
4. Vial de acceso a Frouxeira (Sancovade)

E recolocáronse as da:

1. Rúa da Feira (Centro urbano)
2. Rúa da Ferrería (Centro urbano)
E nos próximos días está prevista a colocación de novas bandas no:

Vial de acceso á Igrexa (Mourence)

Tal e como explicou Renda, o modelo de banda elixido foi ‘o menos agresivo do mercado’ (3 cm de altura) e a solicitada medida complementouse coa colocación de sinalización vertical, ‘co fin de darlle cumprimento á lexislación vixente’.

Exit mobile version