Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo lembra que as queimas volven estar permitidas

Ribadeo, 22 de outubro de 2024. Xa están permitidas as queimas en Galicia. As que se realicen en solo rústico teñen que comunicarllo á Xunta e as que se fagan en solo urbano, núcleo rural e urbanizable a comunicación deben facela diante do Concello de Ribadeo.

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explicou que “tras o remate da tempada de verán e das vagas de calor a Xunta ven de permitir as queimas. Así quen desexe queimar en solo rústico ten que comunicarllo á Xunta a través do teléfono 012 ou pode facelo tamén en queimasweb.xunta.gal. E en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable a comunicación debe facerse ao Concello de Ribadeo a través dun formulario normalizado, pode facerse no propio Concello ou a través da sede electrónica onde tamén está habilitado o formulario”.

O edil subliña que “sempre debe facerse cumprindo unha serie de condicionantes establecidos na ordenanza para a prevención de incendios forestais e a salvagarda das condicións de limpeza, ornato, salubridade e seguridade dos terreos pola que se regulan as plantacións arbóreas, as obrigas de xestión de biomasa e os usos do lume no Concello de Ribadeo”.

Dos Santos apela “á colaboración e á responsabilidade da veciñanza de Ribadeo para facer esas queimas”.

Exit mobile version