Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz mellora viais en Forxán, na parroquia de San Martiño

Foz, 28 de outubro de 2024. O Concello de Foz está a executar obras de mellora no barrio de Forxán, na parroquia de San Martiño. Estes traballos, orzamentados en 27.310 euros, están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 62 por cento, o Concello de Foz nun 17,4%, a Xunta de Galicia nun 14,5% e o Ministerio de Agricultura nun 6,2 por cento.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “as obras consisten na limpeza de cunetas e foxos e na mellora do firme. O camiño de acceso ao núcleo das Viñas, desde a intersección do taller de Hermanos Villarino recibirá un novo firme con aglomerado en quente. O resto dos camiños, no entorno de Talleres Armando e no vial paralelo á vía, serán tratados cunha dobre rega asfáltica. Ademais limparanse cunetas e foxos en todos eles, mellorando a drenaxe dos mesmos. Seguimos investindo na adecuación da rede viaria do noso concello”.

Exit mobile version