As actuacións comezaron coa limpeza de cunetas e foxos nos lugares da Veiga de Marcos, Ver e Reiriz, en San Martiño, e Vilatuixe, en Santa Cilla.
O alcalde, Fran Cajoto, destaca a necesidade de mellora destes camiños, que levaban moitos anos sen un arranxo e que demandaban asociacións de veciños e particulares: “Procedemos á limpeza das marxes e en pouco tempo comezaremos cos traballos de mellora de firme, cun dobre tratamento con rega asfáltica. Estes traballos son posibles fundamentalmente polo apoio da Unión Europea, a través dun plan dirixido a viais en parroquias con concentración parcelaria. Seguimos traballando para a mellora de toda a rede viaria, con distintos plans e liñas de actuación. Pedimos a todos desculpas polas molestias durante a execución dos traballos”.