O alcalde, Fran Cajoto, explica que “as obras consisten na limpeza de cunetas e foxos e na mellora do firme cun dobre tratamento superficial de rega asfáltica, complementado con pedra macadam naqueles puntos que fose necesario. Estamos mellorando o acceso á praia de Fondás, así como dous viais que conectan a estrada N-642 co núcleo de Mañente e que estaban en moi mal estado de conservación, no entorno dos invernadoiros. Seguimos investindo na adecuación da rede viaria do noso Concello”.