Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo ten en marcha un programa lúdico-didáctico que leva por nome ‘Brincos de Lecer coa Ra Ramira’

Inclúe diferentes actividades e obradoiros de escritura creativa, manualidades ou xogos dirixidos ao alumnado de infantil e primaria, e tamén un obradoiro de lectura específico para os estudantes de 1º e 2º de Educación secundaria. En concreto, esta fin de semana a Casa da Cultura acolleu un Finde Anfibio, baixo a temática do Samaín. As crianzas pasáronno en grande realizando diferentes manualidades nun obradoiro moi divertido.

Exit mobile version