Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela levará ao vindeiro pleno unha nova ordenanza sobre venda ambulante no municipio

A ordenanza establece que o mercado periódico dos venres volverá ubicarse no centro da vila, despois duns anos celebrándose nos arredores da rúa Torrentes

Burela, 10 de outubro de 2024. O Concello de Burela debatirá no vindeiro pleno municipal o texto dunha nova Ordenanza Reguladora da Venda Ambulante no Termo Municipal de Burela.

Unha vez aprobada, esta nova ordenanza regulará os titulos habilitantes da venda ambulante, de acordo coa Lei de Comercio Interior de Galicia, que establece como competencia dos municipios o comercio ambulante.

O pleno fixará a forma e o lugar de celebración dos mercados periodicos, pero xa se establece na ordenanza que, ata entón, fixarase como mercado periódico o tradicional dos venres no centro da localidade.

Isto suporá o regreso do mercado dos venres a unha zona máis céntrica, despois duns anos celebrándose nos arredores da rúa Torrentes a partir da pandemia de covid-19.

O cambio de ubicación do mercado semanal dos venres de Burela vai ligada á aprobación desta ordenanza reguladora de venda ambulante no municipio, ata agora inexistente.

“Levaremos ao próximo pleno a aprobación da mesma, para posteriormente proceder ao outorgamento de autorizacións e a fixación do lugar de celebración, que volverá a ser no centro da vila”, explica a alcaldesa de Burela, Carmela López.

Exit mobile version