Site icon Crónica3.com A Mariña

O Cenima de Foz acolleu unha xornada de divulgación sobre a conexión entre a gastronomía da Mariña e o produto pesqueiro

Foz, 2 de outubro, 2024. O GALP A Mariña Ortegal continuou este martes coas xornadas de divulgación da estratexia do Fondo de Outubro, foi escenario de da xornada de divulgación do Galp A Mariña-Ortegal “Gastronomía da Mariña&Produto pesqueiro”. Neste parladoiro, que contou cunha participación dunha trintena de persoas, contouse coa presenza da nosa Directora Territorial do Mar en Celeiro – Lugo, Mª Carmen Gueimunde González, así como, co alcalde de Foz, Francisco Cajoto.

Na mesa, contouse con 3 marabillosos relatores : Jorge Guitián, xestor de patrimonio cultural e divulgador sobre gastronomía e turismo gastronómico, Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico en 2008 e colaborador da Guía Repsol, La Vanguardia ou Traveler, que resaltou a labor que se está a facer nesta zona coa posta en marcha do Plan Director do Turismo Gastronómico da Mariña, acompañado do Colectivo Gastronómico da Mariña, creado ao amparo do mesmo. Pepe Formoso, periodista e director dos establecementos Bela Fisterra e Bela Muxía, que preside actualmente a Asociación Profesional do Turismo da Costa da Morte (APTCM), compartindo a experiencia de “Meses con R Aposta segura”, campaña de promoción de produtos pesqueiros que están impulsado dende a mesma, co obxectivo de desestacionalizar o turismo nesa zona. Por último, e procurando a conexión cos centros públicos de formación nesta materia, Higinio Díaz, profesor técnico de cociña do IES de Foz, centro de referencia en toda a zona da Mariña, que pechou a sesión poñendo de relevo a valorización que dende o centro se fai do produto pesqueiro local, na formación ao alumnado e no consumo que realiza o propio centro.

Rematou a xornada cunha degustación de produto pesqueiro, realizada polo alumnado do IES de Foz, acompañando con viños da IXP de Ribeiras de Navia, potenciando deste xeito a maridaxe entre produtos locais.

Exit mobile version