Site icon Crónica3.com A Mariña

O CEIP Virxe do carme albergará a construción dun puzzle xigante

A montaxe do crebacabezas XXXL comezará ás 10:00 do sábado 19 de outubro, e a partir das 11:00 do domingo 20 haberá un concurso de puzzles

Burela, 4 de outubro de 2024. O Concello de Burela albergará no pavillón do CEIP Virxe do Carme o Reto Panush 2024, que consistirá na montaxe dun Puzzle Xigante de 30200 pezas e nun concurso de puzzles por equipos.

A montaxe do crebacabezas XXXL Jan Van Haasteren comezará ás 10:00 da mañá do sábado 19 de outubro. O concurso, por outra banda, terá lugar a partir das 11:00 do domingo 20.

As prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse nas actividades nas webs doctorpanush.com para o reto e aepuzz.es para o concurso. Para máis información poderase contactar co enderezo de correo electrónico hola@doctorpanush.com

“Para nós é un pracer acoller unha actividade diferente pero que nos consta que conta con moitos seguidores na nosa vila e en toda a comarca”, sinala o tentente de alcaldesa e concelleiro de Educación e Mocidade, Mario Pillado.

“Trátase dunha acitvidade familiar e interxeracional que aúna cooperación e competición, e que pode facer que afeccionados e afeccionadas ós puzzles de outros lugares se acheguen á nosa vila”, engade o edil.

Pola súa banda, a concelleira e Cultura, lina Gómez, sinala que o reto é “unha oportunidade para xuntar á veciñanza que desfruta con esta actividade no seu fogar, pero nun formato máis grande”. “Deste xeito promoveremos a creatividade, a concentración e o desfrute co traballo en equipo e a cooperación interxeracional”, conclúe.

Exit mobile version