“Desantención da Xunta e do Partido Popular á comunidade educativa burelá”
Burela, 2 de outubro, 2024. . Na mañá de hoxe representantes do BNG mantiveron reunións coa comunidade educativa de Burela que lles trasladou as problemáticas existentes nos diferentes centros neste inicio de curso, que en moitos casos repítense xa desde cursos anteriores sen que desde a Xunta os responsables de Educación resolveran nada polo de agora.
O tenente alcalde de Burela e concelleiro de Educación Mario Pillado e a concelleira de Asuntos Sociais Sandra Fdez. Cillero acompañaron ao deputado nacionalista da Mariña Daniel Castro no encontro mantido cos equipos directivos dos institutos Monte Castelo e Perdouro e os colexios Vista Alegre e Virxe do Carme.
Burela: 1350 alumnos/as en catro centros e mais de 40 nacionalidades
“Somos coñecedores de moitas das necesidades existentes nos nosos colexios e institutos e hoxe puidemos comprobar que seguen sen resolver por parte da Xunta e a maiores ainda aparecen novas carencias” manifestou Pillado que tamén quixo destacar que “a situación particular coa que conta Burela en canto a diversidade e necesidades educativas a Consellería de Educación non pode remitirse aos ratios e ao finanzamento de servizos convencional que fai para o resto de centros do país, porque aquí nestes catro centros que suman 1350 alumnos e alumnas conviven tamén máis de 40 nacionalidades, unha casuística para nada negativa, ao contrario moi positiva, pero que precisa que se dediquen máis recursos”.
Cuberta de pistas polideportivas, instalación de ascensor, praza de coidador/a, mellora das liñas de transporte
Entre as moitas necesidades planteadas polas equipas directivas están a necesidade dun ascensor no Instituto O Perdouro e a cuberta e o peche da súa pista polideportiva. Tamén é outra necesidade a cuberta das pistas polideportivas do colexio Vista Alegre. Desde a comunidade educativa do colexio Virxe do Carme demandan tamén a praza de coidador/a. E desde os institutos Monte Castelo e Perdouro plantean a necesidade de mellorar a organización das liñas do transporte escolar para que os alumnos cheguen a tempo ás clases, algo que corresponde aos responsables de Transporte da Xunta.
Máis recursos para alumnado con necesidades especiais
Outra das eivas coas que se encontran os centros e a escasez de recursos para traballar co alumnado con necesidades especiais, algo que recordou tamén a concelleira de Asuntos Sociais Sandra Fdez. Cillero “sería necesario a creación dun centro con eses recursos combinado cos centros públicos existentes incluso a nivel comarcal”, afirmou.
Daniel Castro levará ao Parlamento a problemática dos centros educativos de Burela
Posteriormente á reunión coa comunidade educativa burelá, os representantes nacionalistas deron unha rolda de prensa á que asistíu tamén o responsable comarcal Antonio Veiga e na que Daniel Castro anunciou que nos próximos días rexistrará no Parlamento diferentes iniciativas e propostas a respecto de todas estas demandas. “Burela tén unhas necesidades moi específicas que deben ser cubertas de inmediato e o Partido Popular e a Xunta deben actuar xa para garantir a súa cobertura” afirmou Castro.
Esta rolda de encontros do BNG coa comunidade educativa mariñá ante as diferentes problemáticas que están xurdindo ademáis doutras que se repiten sen o Partido Popular desde a Xunta fixeran nada para solucionalas tivo comenzo xa semanas atrás en Alfoz e continuará por diversos centros da comarca.