Ademáis de asistiren aos diferentes eventos que se desenvolveron ao longo do día, como os concursos de andadura galega e a homenaxe a Pascual Veiga celebrada no cemiterio, os nacionalistas reuníronse co sector gandeiro testando toda a problemática que lle afecta, coma os danos producidos pola fauna salvaxe. As representantes de Puraga presentes na reunión, Laura Peteiro e Vanesa Otero manifestaron o malestar do sector coas perdas que tenen que afrontar e tamén coa lentitude e excesiva burocratización da administración autonómica. As deputadas do BNG comprometéronse a levar ao Parlamento unha vez máis algo que o PP tén rexeitado como foi o pago ecosistémico en función das greas e da superficie que se poida manexar con elas.
“Non pode ser que o PP ignore sistemáticamente a situación deste sector vital para o mantemento dos nosos montes e do noso medio natural, ademáis de ser o medio de vida de milleiros de persoas, ppr eso anunciamos tamén que introduciremos esta cuestión no debate dos orzamentos para 2025 que se inicia estes sías no Parlamento” afirmou Olalla Rodil. No mesmo sentido pronunciouse Ariadna Fernández que recordou os 4.000.000€ procedentes do Estado que vai recibir a Xunta e que debe aplicalos de inmediato. Outra das demandas das propietarias de gando no monte é a necesidade da realización de queimas controladas para habilitar terreos para a súa xestión