Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo convenio do Concello de Ribadeo coa Xunta para mellorar a praza Pancho Maseda e o illote situado enfronte das vivendas sociais do parque de San Francisco

Ribadeo, 27 de outubro de 2024. Novo convenio do Concello de Ribadeo coa Xunta de Galicia para mellorar a praza Pancho Maseda e o illote situado enfronte das vivendas sociais do parque de San Francisco. O investimento ascende a 50.000 euros.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “se trata dunha nova colaboración, unha nova xestión para mellorar dous puntos concretos en Ribadeo, tanto a praza Pancho Maseda como o illote que está situado enfronte das vivendas sociais do parque de San Francisco. Nas próximas datas firmaremos o convenio, son preto de 50.000 euros para arranxar, para mellorar estes dous puntos que certamente levaban sen ningún tipo de mantemento anos. Non é unha cousa de agora, é unha cousa de anos. E tomamos a decisión de melloralos, de investir aí”.

O rexedor contou que “na praza Pancho Maseda temos que asegurar toda esa pizarra que está solta, certamente perigosa, tamén mellorar as escaleiras de detrás do concello, así como a accesibilidade na parte dianteira da praza Pancho Maseda e esas zonas verdes, os xardíns, porque teñen falta de mantemento e hai que melloralos. Tamén vamos actuar enfronte mesmo das vivendas sociais, nese illote onde están os contedores soterrados. Levan moitos anos abandonados e sen ningún tipo de mantemento. Certamente fixemos un análise do mantemento destes contedores e é moi custoso e tomamos a decisión de colocar unha illa de contedores onde imos mellorar todo o chan, vamos poñer zona de pedra e suxeita contedores e mellorar, modernizar estes dos puntos, que evidentemente levaban sen ningún tipo de mantemento e abandonados e decidimos investir”.

Vega subliñou que “isto é posible grazas a unha colaboración, como xa dixen, un convenio de preto de 50.000 euros, que é un financiamento 100% da Xunta, é dicir o Concello neste caso non está poñendo orzamento propio. Nesta liña imos seguir no que ven sendo o traballo, a xestión e así mellorar o Ribadeo que queremos todos”.

Exit mobile version