Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova vitoria laranxa (1-5) en terras andaluzas

Burela, 26 de outubro,2024. Ás 18.00h desta tarde celebrouse a 7ª xornada da liga de Primeira División Iberdrola FS na que o Pescados Rubén Burela FS se enfrontou ao Nueces de Ronda Atlético Torcal no pavillón Guadaljaire ante un rival que loita por manterse nos postos medios da táboa dando a talla ante un dos favoritos da categoría, nunha primeira parte moi complicada para o Burela, cun resultado 1-5.

Nunha primeira parte máis lenta e igualada no que o conxunto burelense non consegue adaptarse e impoñer o nivel ao que nos ten afeitos, non se abre o marcador ata o minuto 17 no que o Pescados Rubén consegue o primeiro tanto cun golazo de Emilly por toda a escuadra despois de regatear a defensa rival despois dun bo xogo combinativo con Carolina Pedreira. No último minuto, segundos antes do descanso, África logra empatar cun gol de penalti.

Na segunda parte as de Julio Delgado saen a pista con outra enerxía e deléitannos co espectáculo de goles que non lograran nos primeiros 20 minutos, dominando o partido ata a bucina final. No minuto 22 volve a máquina con outro golazo fusilando a portería tras unha bonita deixada de Dany e cinco minutos despois Patricia, que recibe estando en posición de pivote, anota o terceiro enchufándoa xunto ao pau e rebotando o balón ao interior da meta rival. No 33 a veterana Cilene anota o cuarto rematando dende a frontal un pase de Cami e tan só un minuto máis tarde o hat-trick de Emilly consegue unha vantaxe case inalcanzable nun man a man con Valeria, sentenciando o partido. Nos últimos minutos un gol anulado ao Torcal por unha man frustra o segundo das locais e soa a bucina final con 1-5 no marcador.

O vindeiro sábado día 2 de novembro ás 11.00h as Pícaras enfrontarase ao FSF Móstoles en Vista Alegre, partido que será retransmitido por Teledeporte.

Ficha Técnica Nueces de Ronda Atlético Torcal 1-5 Pescados Rubén Burela FS

Nueces de Ronda Atlético Torcal (1): Andrea; Cristi, África, Alejandra, Susi, -cinco inicial-, Jaimes, Tamiris, Armoa, Thalitinha, Tete, Vicky Bella, Valeria (P) Entrenador: Víctor Quintero.

Pescados Rubén Burela FS (5): Caridad; Dany (C), Cami, Débora, Emilly- cinco inicial- Dinha, Cilene, Carolina Pedreira, Cristina, Patricia, Noelia Montoro. Entrenador: Julio Delgado.

Goles: 0-1, min.17: Emilly. 1-1, min:20: África. 1-2, min.22: Emilly. 1-3, min.27: Patricia. 1-4, min.33: Cilene. 1-5, min.34: Emilly.

Árbitros: Javier Pulido Campos, José Antonio Raya Serrano, Javier Guzmán Vaquero, Antonio Ruiz Bartrina.

TA: Víctor Quintero, Dinha.

Exit mobile version