Lugo, 10 de outubro de 2024. Ribas de Sil, Mondoñedo, Burela e As Nogais son as vindeiras paradas do Circuíto de de Teatro Prefesional impulsado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación que botou a andar o pasado mes de xuño e que este ano inclúe 59 representacións de 14 compañías por toda a provincia.
Axenda: do 12 ao 15 de outubro
12 de outubro. 19.00 horas. Ribas de Sil. Salón de Actos do Concello.
Teatro do Miolo. Saíndo do cerco.
Comedia. Todos os públicos
Suso é o un novo residente do centro de maiores. Pensa que por estar na última etapa da vida, esta xa non merece ser vivida. Amalia, unha compañeira de residencia, pode ser a peza que faga dar un xiro aos acontecementos, facendo que Suso atope o sentido da súa vida.
Autoría e dirección: Guillermo Cancelo
Elenco: Chelo Lamela, André Vázquez e Guillermo Cancelo.
Duración: 50 minutos
14 de outubro. 16:30 horas. IES San Rosendo de M ondoñedo.
Mircromina Títeres. Alma de cartón
Traxicomedia experimental. Publico a partir dos 16 anos.
O cotián máis proximo a tomarse un café queda lonxe dos misterios da alma, tan tan lonxe que se tocan. A política é cada bocado que lle das ao corpo e a infamia segue a estudiarse nos libros de texto. Que máis se pode pedir? Internet…redes…citas.
Autoría: Señor Bigote
Dirección: Servosistema
Elenco: Ton Arenas.
Duración: 50 minutos
15 de outubro. IES O Perdouro. Burela
Mircromina Títeres. Alma de Cartón
Traxicomedia experimental. Publico a partir dos 16 anos.
O cotián máis proximo a tomarse un café queda lonxe dos misterios da alma, tan tan lonxe que se tocan. A política é cada bocado que lle das ao corpo e a infamia segue a estudiarse nos libros de texto. Que máis se pode pedir? Internet…redes…citas.
Autoría: Señor Bigote
Dirección: Servosistema
Elenco: Ton Arenas.
Duración: 50 minutos
15 de outubro. As Nogais. Centro Sociocultural.
Lîlâ Teatro. Rara Avis.
Comedia. Público a partir dos 13 anos.
Paloma é un deses seres que cando camiñan parecen non tocar o chan- É coma se levara unhas ás invisibles adheridas ás súas costas que ademais de alixerar o seu peso, a dotasen dun halo digamos que “diferente”. A través da empatía, a coraxe, a perseveranza e sobre todo o seu particular sentido do humor é como Paloma logra reconciliarse co seu pasado, desgrutar do presente e propoñerse un futuro esperanzador. Ela, coma ninguén, é capaz de amosar que nunca é tarde para un novo comezo. Esta obra fai honra a todas as criaturas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo.
Autoría: Lîlâ Teatro
Dirección: Lîlâ Teatro
Elenco: Lina González.
Duración: 70 minutos
Circuíto de Teatro Profesional: 59 representacións de 14 compañías
Trécola Producións, Xamón Producións, Ítaca Teatro, Ubú Teatro, Pinconús, Teatro do Miolo, Señor López Producións, Satori Teatro, Baixo da Area Teatro, Lîlâ Teatro, Bátega Teatro, Mocromina Títeres, A Compañía Solitaria do Dr. Monifate e Loia Producións xirarán por toda a provincia co Ciclo de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo con propostas escénicas están destinadas a distintos públicos, desde teatro de títeres para público novo ata montaxe con gran peso do baile tradicional e da música en directo na escena ata adaptacións teatrais de textos literarios como Poeta en Nova York.
A deputada de Cultura Iria Castro sinalou que con este ciclo “a área provincial mantén o apoio á rede de compañías profesionais da provincia, poñendo en marcha unha programación concreta que lles permite rendibilizar o seu traballo creativo, e contribuíndo, no medio prazo, a consolidar un público para o teatro e as artes escénicas en todas as comarcas”.
Neste sentido, remarcou “a importancia de facilitar o acceso a propostas culturais de calidade en todo o territorio, de man de concellos e asociacións que precisan este tipo de colaboracións e iniciativas para ampliar as súas programacións culturais”.
O calendario, confeccionado coa colaboración de concellos e asociacións, inclúe representacións en A Fonsagrada, A Pastoriza, A Pontenova, Alfoz, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Barreiros, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castroverde, Cervo, Chantada, Cospeito, Foz, Friol, Guitiriz, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte, Monterroso, Navia de Suarna, O Corgo, O Saviñao, O Valadouro, O Vicedo, Outeiro de Rei, Pantón, Quiroga, Rábade, Ribas de Sil, Samos, Sarria, Taboada, Vilalba, Viveiro, Xermade.