Site icon Crónica3.com A Mariña

Melloras no campo municipal de fútbol de Alfoz

Alfoz, 3 de outubro, 2024. O Concello de Alfoz continúa a súa aposta pola mellora das infraestruturas deportivas locais.

Recentemente, foi certificada a obra de revestimento interior do campo de fútbol municipal, cun investimento total de 28 859 €. Esta actuación foi realizada tras a concesión dunha subvención de 20 000 € outorgada pola Xunta de Galicia a través do programa de corrección de impactos paisaxísticos destinado a concellos galegos. O importe restante foi asumido polo propio concello.

Ademais, dentro do compromiso por un mantemento eficiente das instalacións, instalouse un robot cortacéspede no campo municipal, cun valor de 5 068 €. Esta adquisición foi financiada a través do Plan Deputación Cooperación cos Concellos.

“Estas accións demostran o firme compromiso do Concello de Alfoz coa mellora das súas instalacións deportivas, buscando optimizar tanto a estética e funcionalidade das fachadas como o mantemento e conservación das infraestruturas” apuntan dende o concello.

Exit mobile version