Este venres, 18 de outubro, é unha data máxica. Maxia pola Igualdade, onde o gran mago Charly Braun ten como obxectivo visibilizar a través da Maxia que calquera persoa é capaz de facer o que se propoña, sexa home ou muller. Esta é unha actividade de Ler Conta Moito, o programa de dinamización das Bibliotecas da Xunta de Galicia en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Valadouro. Maxia pola Igualdade é un espectáculo para todos os públicos. A cita é na Casa da Cultura ás 19:00 horas.