Pola mañá, visitaranse diversos lugares dentro da propia vila, acompañados por Xaime Félix López Arias, “Arlindo”, gran coñecedor da súa historia. A visita da mañá rematará no campo da feira, onde hai reservado un lugar para xantar. Nesta ocasión, cada quen encargarase de pedir o que desexe para xantar e de pagar directamente aos do mesón. Pola tarde, visitarase o mosteiro da Magdalena antes de regresar. O bus saiará da Cruz do Lobo ás 8.00h e recollerá participantes en Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro. Para ver os prezos, condicións e detalles da viaxe pódese consultar o blog de Mariña Patrimonio: https://mrpatrimonio.blogspot.com/2024/10/visita-ao-patrimonio-de-sarria.html