A portavoz do PP engade que “tamén reclamaremos que se cumpran as iniciativas recollidas no acordo programático entre o PSOE e XViveiro”
Atendendo ao seu compromiso de defender os intereses de Viveiro e os viveirenses, a popular pon en coñecemento dos representantes do Goberno galego necesidades dos veciños e veciñas co obxectivo de “captar investimentos para o municipio” ante a “falta de avances por parte dun goberno municipal bicéfalo e paralizado que sume a Viveiro nunha situación económica dramática e nunha perda de servizos aos veciños e de prestixio na imaxe do Concello”.
De cara á “confección do proxecto do Partido Popular para o concello”, Gueimunde solicita formalmente á Xunta apoio para as propostas que recollía no programa electoral co que se presentaron ás pasadas municipais nas que lograron situarse como a forza máis votada.
RECLAMAN O CUMPRIMENTO DO ACORDO PSOE-XVIVEIRO
Así mesmo, asegura que “reclamaremos que se cumpran as iniciativas recollidas no acordo programático entre o PSOE e XViveiro” porque “foron promesas feitas aos viveirenses á hora de investir alcaldesa á señora Loureiro”.