Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de trinta negocios asociados a Acisa Ribadeo colaboran nesta semana coa recollida anual de donativos da AECC con motivo do día internacional da loita contra o cancro de mama

Ribadeo, 15 de outubro de 2024. Máis de trinta negocios asociados a Acisa Ribadeo colaboran nesta semana coa recollida anual de donativos da AECC con motivo do día internacional da loita contra o cancro de mama.

A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, dixo que “un ano máis Acisa Ribadeo colaborará coa Asociación Española de Loita contra o Cancro. Nesta semana de outubro mais de trinta negocios asociados contarán con huchas para a recollida de donativos destinados a este colectivo. Esta campaña desenvólvese coincidindo coa celebración día internacional da loita contra o cancro de mama, que ten lugar o 19 de outubro, xornada na que as asociacións fan fincapé na importancia da investigación, da ciencia, da prevención e da saúde”.

Cruzado Iglesias indicou que “se precisan recursos para estudar, investigar e previr esta enfermidade así como para tratar e acompañar ás mulleres que a sofren, por iso facemos un chamamento moi especial a toda a cidadanía a que aporten o que poidan para esta importante causa”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “xeralmente finalizamos esta campaña de recadación moi satisfeitos e gustaríanos este ano superarnos”.

E engadiu que “as persoas que desexen colaborar coa Asociación Española de Loita contra o Cancro de Ribadeo poden deixar os seus donativos nos seguintes locais: Gasolinera el Jardín, Siñeiro Hogar, Susana Moreira, Agora, Oticalia Ribadeo, La Coqueta, Xeito Decoración, Grisi, O Lar de Manolo, La Oveja Negra, Hostal Churrería Linares, Farmacia Maria Eugenia, Bar Queimada, By Hortensia, Anais, Mercería Torviso, Calzados La Moda, Sargadelos Ribadeo, R23, Farmacia Álvarez Lebredo, For Friends, Esprit, Cuatro Vientos, Jatay, Coco, Sanjurjo Moda, Mika, Mariscos Ribadeo, O Indiano, Serendipia, For Friends Outlet y Ohana. Dende Acisa queremos agradecer a colaboración destes establecementos e tamén da AECC, que nos permite de novo botarlles unha man nesta importante causa”.

Merca no teu comercio

Na tarde de onte a presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, asistiu en Lugo á entrega dos premios da campaña Merca no teu comercio, organizada pola Federaci´ñon Galega de Comercio e pola Xunta de Galicia, e indicou: “desde Acisa Ribadeo estamos moi satisfeitos porque dous dos premios que se sortearon nesta campaña coa que nós colaboramos, recaeron na nosa vila. As agraciadas foron María Pérez Blanco por unha compra realizada en O Ferrado Marelo e Mary Vázquez Murias por unha compra en Opticalia Ribadeo. Dende Acisa queremos felicitar tanto ás premiadas coma os establecementos nos que fixeron as súas compras e enfeitizar na importancia que ten mercar no comercio local e as vantaxes que supón, coma neste caso no que as afortunadas gañaron cada unha delas un bono de 200 euros”.

Felicitación a Beni Martínez

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, quixo felicitar tamén “a Beni Martinez, que o volante do seu Ford Sierra Cosworth e na compañía do seu copiloto Víctor Méndez participaron no Rally Sprit Castropol esta pasada fin de semana, no que obtiveron a décima posición da clasificación xeral. Acisa Ribadeo foi un dos seus patrocinadores e estamos moi contentos de poder colaborar con el, pero sobre todo do excelente resultado”.

Exit mobile version