Pola tarde haberá un obradoiro de elaboración de colares de zonchos para o público infantil e un obradoiro de iniciación ao baile tradicional, para o público adulto, da man da bailadora Cris Canosa. O obradoiro de baile vai dirixido tanto a persoas que queiran dar os seus primeiros pasos como a persoas que xa saiban bailar algo e queiran aprender novos puntos. Dende a asociación animan a anotarse aos obradoiros a través das súas redes sociais.