Site icon Crónica3.com A Mariña

Mª José Gómez desprazouse este venres ata Remourelle, onde a conselleira do Medio Rural inviste 315.000 euros

Ribadeo, 18 de outubro de 2024. A Consellería do Medio Rural inviste en Ribadeo 315.000 euros. Mª José Gómez desprazouse hoxe ata Remourelle. O alcalde, Dani Vega, destacou a xestión e o traballo realizado e dixo que esa será a liña a seguir.

O rexedor contou que “hoxe visitounos a conselleira do Medio Rural para facer un balance da inversión que está realizando en todos os concellos en Galicia. Pero tamén concretou e explicou a gran colaboración que está tendo co noso concello. E desde logo é de agradecer esta atención e vamos seguir xestionando o orzamento que precisamos para actualizar, para modernizar as nosas infraestruturas, as nosas vías de comunicación”.

Dani Vega subliñou “eses 315.000 euros, que para nós é fundamental. Nestes momentos estamos actuando en Santalla, na estrada de Lourido. Tamén na estrada Pastoriza-Frieira Vella, en Ove, e actuamos en Remourelle en dúas vías de comunicación fundamentais que eran intransitables”.

O alcalde dixo: “evidentemente, quédanos moito por facer. Eu creo que todos temos que entender que nun ano é imposible chegar a todos os puntos. Pero con moito esforzo, con capacidade de xestión e grazas tamén á colaboración, evidentemente, da Xunta estamos solicitando todas as subvencións posibles, a través do Plan Marco ou do Plan de Cooperación cos Concellos, co Plan de Camiños, que é unha nova subvención que a Xunta tivo neste 2024, e desde logo nos vamos a seguir aproveitando todas as vías de financiamento”.

Vega anunciou que “estamos xa programando outras colaboracións coa Xunta de Galicia para actuar canto máis rápido posible, porque temos vías de comunicación que son intransitables. Polo tanto, esta visita acredita ese traballo e esa responsabilidade orzamentaria, é dicir ter a capacidade de xestión para utilizar os máximos recursos doutra administración e nosoutros poder tamén destinar recursos para outros puntos nos que tamén temos dificultades. Vamos seguir nesta liña de traballo, nesta liña de cooperación coa Xunta de Galicia”.

E engadiu: “agradecerlle á conselleira que viñera hoxe aquí a Remourelle explicar a inversión para todo Galicia. Polo tanto, fomos o alta voz para anunciar unha inversión importante nas vías de comunicación”.

Exit mobile version