A Mariña, 24 de outubro, 2024. LarLilás, unha asociación galega sen ánimo de lucro que promove a construción de fogares colaborativos para persoas maiores, organiza esta fin de semana do 25 ao 27 de Outubro unhas xornadas de envellecemento activo na localidade de Burela, na mariña lucense.
Enmárcanse nun amplo programa da asociación, e contará con visitas culturais, actividades de debate, convivio e lecer, e incluso deportivas, como a marcha nórdica, da man do Club Marcha Nórdica A Coruña.
Buscan as persoas asociadas a LarLilás, con este programa, axudar a conformar un colectivo autoxestionado de persoas que envellezan Rben coidadas, activas, saudables e felices.
Páxina web: https://www.larlilas.gal/