Site icon Crónica3.com A Mariña

Landrove celebra a súa Festa Labrega e as Olimpíadas Rurais

Viveiro, 10 de outubro de 2024. A parroquia de Landrove será o escenario esta fin de semana da VIII edición da súa Festa Labrega e das VII Olimpíadas Rurais. O Concello de Viveiro presentou a programación do evento xunto aos seus organizadores, a asociación cultural e deportiva Pequenos Pasos.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou “que xa celebramos a oitava edición, agradecendo un ano máis o traballo da asociación Pequenos Pasos e da veciñanza de Landrove nesta xa tradicional festa”.

Mañá, venres 11 de outubro, ás 21:00 horas, terá lugar o prendido da chama olímpica, e ás 22.00 horas actuará o grupo Amigos do Folk. Os asistentes poderán degustar boliños preñados de balde.

O sábado 12, ás 13:00, o Dúo Estrellas animará a sesión vermú, e ás 16.00 horas comezarán as Olimpíadas Rurais. Esa noite haberá unha actuación dos grupos Espera que Vou Mexar e Hortensio ás 20:30, cea labrega ás 21:00, e finalmente, ás 23:00 horas, entrega de premios e festa de novo co Dúo Estrellas.

A programación terá lugar no campo da festa, contando con carpa. Para máis información pódese contactar co número de teléfono 636 01 41 53.

Con estas celebracións, os veciños e veciñas de Landrove regresan á forma de vivir e desfrutar do ocio no rural hai varias décadas. O Concello de Viveiro colabora coa asociación cultural na súa organización.

Exit mobile version