A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, ofreceu a total colaboración do Goberno para que as festas das San Lucas de Mondoñedo se celebren un ano máis coas máximas garantías de seguridade, nesta ocasión co compromiso de incrementar os efectivos policiais para a vixilancia e control do evento. Nesta liña, Rodríguez explicou que as Forzas e Corpos de seguridade do Estado colaboran estreitamente coa asociación As San Lucas, organizadores desta cita declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, así como co Concello, para que a programación de actividades previstas se desenvolva con normalidade e As San Lucas continúen sendo un reclamo turístico consolidado na provincia.