Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres e sábado ‘Oktober Foz’

Foz, 9 de outubro de 2024. Este venres e este sábado, 11 e 12 de outubro, celebrarase en Foz a Oktober Fest, que organiza AciaFozCCA.

Na cita participarán nove locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Clario Disko, Dandy Restaurante, Marexada, Mexideli, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa será a protagonista en Foz os días 11 e 12 de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas variedades desde as clásicas ata as artesás e de autor e tamén tapas especiais para celebrar a Oktober Fest e para acompañar ás cervexas”.

En engadiu que “o que queremos é dinamizar a hostalería local esas dúas xornadas e que a xente teña un aliciente para saír a dar unha volta e tomar algo”.

A Oktober Fest está organizada por AciaFozCCA, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

Rasca Gaña

Desde AciaFozCCA lembran que ata o 31 de outubro segue a campaña Rasca Gaña, que repartirá 55.000 premios entre a clientela dos negocios focenses.

Na campaña Rasca Gaña de AciaFozCCA participan 42 locais: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Clínica Veterinaria Foz, Decoraciones Pura, Don Zapato, Dermoterapia Centro de Estética, Electricidad Núñez, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Infotec, Isla, Koquetas Moda, Kukadas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Los Dulces de Delphine, Lourdes Moda Íntima y Baño, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, Ofifoz, Pastelería Anduriña, Pirde Calzado, Pirde Moda, Thecé, Tien 21 Celso, Unique, Vas’s, Vas’s Oulet e Xoguetería Bahía.

A Xunta de Galicia e o Concello de Foz colaboran con AciaFozCCA nesta campaña.

Merca no teu comercio

Ata o 20 de outubro segue tamén a campaña Merca no teu comercio da Federación Galega de Comercio, que pon en xogo 11.000 euros repartidos en 50 premios de 200 euros entre aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio galego de proximidade, así coma un bono de 1.000 euros a sortear entre os asistentes á Gala de Entrega de Premios que se celebrará a finais deste mes. Desde AciaFozCCA animan “a rexistrar as compras feitas no comercio de Foz ao longo destes días en www.mercanoteucomerciolugo.com para así ter a oportunidade de poder conseguir algún dos 50 premios desta campaña”.

Exit mobile version