Trátase dunha obra que, entre outras moitas cousas relevantes para a historia de España, como para a de Galicia, representa un excelente exemplo de como foi a historia da masonería española desde o seu inicio ata a crise colonial do ano 1898. O descubrimento máis relevante desta obra foi a nova técnica de golpe de estado liberal que, en febreiro de 1820, e utilizando unha logia masónica coruñesa como cédula revolucionaria conspiradora, composta por tres militares mariñáns (dous de Viveiro, e o outro de Ribadeo e, por certo, con residencia familiar este último no vello pazo que hoxe serve de palacio municipal e onde se presentará este libro), dous asturianos e dous da Coruña, conseguiron estes masones, coa revolución que provocaron, concederlle á historia de España o advenimiento do Trienio Constitucional (1820-1823), copiándolle esta nova técnica de golpe de estado o resto das burguesías subversivas de Europa e de Sudamérica.
Despois deste acontecemento, este libro fálanos, por exemplo, das loitas laicistas, tanto no ámbito escolar como no ámbito político, que levaron a cabo os masones galegos, a participación dentro da masonería dos primeiros galeguistas como Losada Astray, Curros Enríquez, Leiras Pulpeiro, Moreno Barcia etc. Ademais de mostrar un exemplo descoñecido ata o de agora de masonería rural e ser, tamén, a masonería galega a primeira, a nivel universal, en levar a cabo o igualitario feminismo masónico.