O documental A viaxe de Lucy, este mércores 2, será o encargado de inaugurar as proxeccións. O xoves será a quenda da longametraxe Fatum.
A semana que vén teremos cita co documental Chichi e máis eu o mércores 9 e co filme Matria, o xoves 10. E o domingo 13, a partir das 18h, será quenda para o filme para todos os públicos, Salta!
Emoción vida e teatro: a nave das Marías, será o documental que se proxectará o mércores 16, e o xoves 17 poderemos gozar da gañadora a mellor longametraxe, O corno.
O mércores 23 será o gañador a mellor documental o protagonista, Os espazos en branco. E o xoves 24 e mércores 30 teremos dúas sesións nas que proxectaremos as curtas finalistas, tanto de animación como de imaxe real.
A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, destaca a oportunidade un ano máis, da man da Academia do Cine Galego e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, de poder gozar do mellor cine galego do ano, con proxeccións non só de longametraxes que se distribuíron en salas de cine, senón de documentais e curtas que non tivemos posibilidade de ver.
Mércores e xoves de outubro, 20h, na Casa da Cultura, sesións do mellor cine galego, con inicio o día 2 e fin o día 30 , e cunha sesión para todos os públicos o domingo 13, ás 18h.