Site icon Crónica3.com A Mariña

Escavación arqueolóxica en Santo Estevo do Ermo (Barreiros) este xoves

A Mariña, 16 de outubro, 2024. Este xoves 17 de outubro, terá lugar unha visita guiada ás 17:00h na escavación arqueolóxica que se está levando a cabo na finca adquirida, grazas á colaboración cidadá, en Santo Estevo do Ermo (Barreiros).

A intervención arqueolóxica, que conta co apoio da Área de Cultura de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ten como obxectivo recuperar e investigar parte deste importante espazo natural e histórico.

Durante a visita, organizada por Mariña Patrimonio, a Irmandade Santo Estevo e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA), informarase sobre os avances e obxectivos desta intervención arqueolóxica.

Exit mobile version