O rexedor dixo: “seguimos tendo unha preocupación, dado que temos un problema. O problema máis importante que ten Ribadeo é a renovación da tubaxe do subministro da auga. Durante este ano de goberno xa se acreditaron 42 roturas da tubaxe. E isto, durante todo un período largo, durante estes últimos 20 anos a realidade é que houbo rotura tras rotura, pero si analizábase o problema, pero non se concretaba unha solución. E agora temos que darlle esa solución. É difícil? Pois, evidentemente que si”.
Para Dani Vega “é moi difícil xestionar ao mellor preto ou máis de sete millóns de euros que vai custar toda a renovación da tubaxe, pero desde o Concello niso estamos, estamos para dar solucións. E levamos este tempo traballando arreo para conseguir o orzamento. Neste anterior último pleno houbo unha proposta municipal onde eu instaba as todas as administracións a colaborar. Falamos de Hidrográficas, da Deputación e por suposto da Xunta”.
O alcalde contou que “nesta semana trasladamos unha carta ao presidente da Deputación para ter unha reunión e abordar un asunto de interese. Entendo que a Deputación está para solucionar os problemas, para investir nos concellos, non escoller os concellos onde teñen que investir, senón investir no conxunto da provincia. E tamén espero que Hidrográficas e a Xunta de Galicia colaboren con nos, porque este é realmente o problema que teñen moitos municipios. Pero Ribadeo leva tendo este problema durante un período moi longo de tempo, onde se analizaba, pero non se concretaba unha solución, non se concretaba tampouco un orzamento necesario para a renovación da tubaxe”.
Vega advirte da gravidade da situación: “hoxe é unha realidade absoluta, é dicir vamos abrir a billa da auga e non vai saír auga. E temos que ser todos conscientes do problema que temos. Non é por falta de recurso hídrico, senón porque non hai esa renovación da tubaxe de momento. O fundamental é renovala para darlle unha condución renovada, que non sexa de fibrocemento, que por certo xa non podía ser, a parte de roturas non pode ser desde un punto de vista da saúde pública e do medio ambiente, e evidentemente temos que renovala. E en moitas parroquias xa non hai forza da auga ou en moitos pisos, nos máis elevados, tampouco hai forza da auga, porque si se lle dá reventaría todo”.
O rexedor indicou que “nosoutros queremos trasladar esa preocupación que ten hoxe o Concello de Ribadeo, que estamos buscando solucións, non son fáciles, pero é a prioridade nestes momentos. E resaltar que é o problema, o problema que temos hoxe en Ribadeo é o subministro da auga porque non houbo unha renovación, non houbo unha inversión durante estes anos e temos que conseguila entre todos agora”.