Site icon Crónica3.com A Mariña

Convocado o IX Concurso de Fotografía “O mellor recuncho de Mondoñedo”

Mondoñedo, 9 de outubro, 2024. O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o IX Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo” baixo o lema “Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta” que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2025 coas mellores fotografías de recunchos da localidade.

Ábrese, no día de hoxe o prazo de presentación de orixinais que rematará o vindeiro sábado día 30 de novembro.
As fotos presentaranse en soporte dixital no seguinte enderezo de correo electrónico: recunchosdemondonedo@gmail.com e deberase indicar no asunto “Concurso Fotografía 2024”. No corpo do correo incluirase o nome do/da participante e un número de teléfono de contacto. Unha foto por participante.

Dende o Concello “queremos lembrar que debes enviar as fotos en formato jpg, tif ou bmp e cunha calidade de máis de 750Kb, co que non se envíen fotos descargadas das redes sociais propias ou que teñan pasado a través do whatsapp, xa que é moi probable que non teñan resolución suficiente como para poder logo facer o calendario, prégase que se envíen as fotos orixinais”.

Como todos os anos haberá tres fotos premiadas. Bases completas na web do Concello de Mondoñedo: www.concellomondonedo.es e nas redes sociais.

Exit mobile version