Site icon Crónica3.com A Mariña

Concello de Viveiro e Portos de Galicia manteñen unha nova xuntanza na búsqueda de solucións para o Casino e o peirao

Viveiro, 24 de outubro de 2024. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a tenente de alcaldesa, Míriam Bermúdez, mantiveron onte unha nova reunión co presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez Vidal, para falar de próximos investimentos na vila, do novo DEUP e de varios proxectos importantes sobre os que ten competencias o ente autonómico.

No encontro, no que tamén participou Santiago Meitín, arquitecto municipal, falouse do antigo Casino. Portos de Galicia comparte a demanda do concello de levar este tema a curto prazo á Comisión Mixta de Transferencias, anticipando a Loureiro e Bermúdez que pode haber algunha entidade disposta a actuar nesa zona para darlle novos usos.

Tratáronse tamén as posibilidades de arranxo do firme do peirao de Viveiro, e o proxecto de humanización da zona comprendida entre os núcleos de Viveiro e Celeiro, contemplando a creación dun carril-bici e un paseo peonil.

Con respecto ao arranxo dos desperfectos existentes na rampa de acceso á lamina de auga ubicada nas inmediacións da Ponte da Misericordia, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte inicio do trámite de información pública do documento de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) do porto de Viveiro.

“O novo DEUP era un compromiso de Portos acadado polo concello nunha reunión que mantivemos con eles o 16 de outubro de 2023”, engade Míriam Bermúdez.

Trátase dun paso importante para atopar unha solución a este problema. Portos considera que o arranxo lle corresponde á Demarcación de Costas.

Exit mobile version