Cervo, 29 de outubro, 2024. Hoxe foi recibido no Concello o veciño José Ángel Sánchez e ao seu compañeiro Aitor Gómez, que teñen un importante reto por diante nos próximos días, o Chatarras Raid
A bordo do seu Volkswagen New Beetle do 1999 percorrerán nada máis e nada menos que 3000 quilómetros por Marrocos.
Trátase dunha proba solidaria coa que o Concello de Cervo colabora coa entrega que lle fixeron hoxe en persoa a rexedora, Dolores García Caramés, e os concelleiros, Adrián Arias, e Alfredo Fernández, de material escolar que deberán entregar alí a unha asociación humanitaria.
Partirán o xoves 31 destino a Tánger onde arrinca a proba e completarán o reto o día 6, con meta en Marrakech.
“Desde o Concello desexámoslles moitísima sorte nesta especie de París Dakar solidaria na que participarán uns 250 turismos, con un mínimo de 15 ou 20 anos –segundo o vehículo- de antigüidade”.