“Non sabemos a que espera o BNG para darlle o portazo a Cajoto xa que parece que non pintan nada no goberno focense” sinala Javier Castiñeira
“Non sabemos a que espera o BNG para darlle o portazo a Cajoto. Que non os chamaran para asistir a esta reunión e que non se abordase o informe do dragado é unha mostra máis de que non pintan nada no goberno focense”, sinala Javier Castiñeira.
Cabe recordar que este asunto foi levado a pleno a través dunha moción do Partido Popular, a cal foi aprobada, polo que Cajoto prefire o teatro e as fotos que cumprir cos acordos plenarios e xestionar; por iso os populares creen que o problema de que non se avance nos asuntos importantes como o dragado, a residencia, as obras paradas, o tráfico… é o individualismo e o exceso de protagonismo do alcalde.
“O alcalde pasa do dragado porque o está a xestionar a Xunta de Galicia coa que prefire enfrontarse a pesar de ser a administración que máis inviste en Foz”, finaliza o voceiro do PP.