A programación contempla unha yincana terrorífica, varios obradoiros e dous concursos, un de cabazas e outro de disfraces. Para participar en ambos os concursos, os interesados terán que traer os disfraces e as cabazas preparadas previamente de casa. Ademais, tamén se poderán degustar varios produtos típicos destas datas, por exemplo as castañas asadas. Todas as actividades do programa serán gratuítas e están dirixidas a todos os públicos.