Site icon Crónica3.com A Mariña

Cariño celebrará o ‘Festival de Corais e Rondallas’ este sábado, 19 de outubro

O evento, organizado por Rondalla de Cariño en colaboración co Concello, está programado partir das 18:00 horas na Casa da Cultura municipal. No festival musical actuarán cinco agrupacións de distintos municipios, incluíndo a entidade organizadora, Rondalla de Cariño, ademais da Coral Polifónica Ecos de Chamorro (Ferrol), a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz (Oleiros), a Rondalla Mugardesa (Mugardos) e a Rondalla Vila dás Pontes (As Pontes). O evento será presentado por María Garrote.

Exit mobile version