As obras iniciáronse a principios de mes e a actuación, que constará de varias fases, ten unha duración estimada de catro anos
Con motivo destas obras, a alcaldesa do municipio, Ana María López, recibiu a visita o pasado martes do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e do presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, quen se desprazou ata o porto cariñés para comprobar o desenvolvemento dos traballos que se atopan en execución.
A rexedora, que estivo acompañada polos concelleiros Alberto Balado e Laura García e por varios técnicos municipais, dialogou con Villares sobre o destino dos áridos extraídos da dragaxe, que segundo explicou o titular de Mar parte deles utilizaranse para a rexeneración de praias próximas, mentres que outra parte depositarase en alta mar, a unhas sete millas do porto nun punto de depósito autorizado.
En total, esta primeira fase terá unha duración estimada duns catro meses, polo que se espera que poida estar finalizada en torno ao próximo mes de xaneiro.
Paralelamente, antes de final de ano darán comezo as obras para a mellora da iluminación da nave de redes, unha actuación coa que se dará resposta á demanda das traballadoras, que solicitaban contar con luz natural no interior da nave.
As seguintes fases consistirán na realización dun maior calado na zona comercial e nun mantemento xeneralizado de toda a zona, posto que a actuación total terá unha duración de catro anos e haberá que repasar diversos puntos que se poderían ir desgastando polo paso do tempo.
A alcaldesa, Ana María López, comentou que “son unas obras muy importantes y muy necesarias que han sido demandadas por los vecinos y por las vecinas durante años”. En la misma línea, la regidora quiso destacar que “desde mediados de los años 90 no se había realizado una actuación a este nivel”.
Pola súa banda, Alfonso Villares destacou que a Xunta de Galicia está a investir 600.000 euros nas obras de dragaxe do porto de Cariño e que as actuacións na zona continuarán nos próximos meses. Neste sentido, o titular de Mar informou de que Portos de Galicia segue traballando na tramitación das obras de reforzo do dique de abrigo de Cariño, que está pendente de dous informes solicitados ao Goberno central e que non foron recibidos ata o momento.
Nos próximos meses tamén realizaranse os traballos de renovación das luminarias do porto, que serán substituídas por tecnoloxía LED nunha intervención na que Portos de Galicia investirá 90.000 euros, e a renovación dos firmes portuarios, para o que se destinarán 20.000 euros máis.