A actividade, impulsada polo Centro de Educación Medioambiental Gaia, terá lugar este venres 25 de outubro ás 17:00 na Casa da Cultura
Burela, 22 de outubro de 2024. O Concello de Burela celebrará o Día das Bibliotecas cun taller de creación de marcapáxinas na Casa da Cultura.
Esta actividade está organizada polo Centro de Educación Medioambiental Gaia, e terá lugar este venres, día 25 de outubro, de 17:00 a 19:00.
O Día das Bibliotecas celebrase cada ano o 24 de outubro. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Ministerio de Cultura do Goberno de España.
O obradoiro será gratuíto e aberto, e porá o acento na sustentabilidade, empregando materiais cotiáns e reutilizados para crear marcapáxinas personalizados baixo o lema “Por un futuro sostible”.
Lina Gómez, Concelleira de Cultura e responsable do Centro de Educación Medioambiental Gaia, convida á veciñanza a “participar desta actividade para promover a lectura especialmente entre a cativada e a rapazada”.