Para o delegado “é unha satisfacción constatar o talento da mocidade lucense, especialmente en disciplinas coma esta que estimulan o diálogo e o pensamento crítico” e destacou que os valores destes certames “coinciden cos obxectivos estratéxicos da Xunta en materia de educación, cultura e xuventude”.
Arias interesouse tamén polo Torneo Lugo Debate, un proxecto que conta no equipo organizador con Óscar Rodríguez e con Saúl Corredoira -recoñecido en tres ocasións como o mellor orador de Galicia e presente tamén na reunión desta tarde- e que se prevé celebrar o vindeiro mes de abril no Campus lucense co fin de seguir estimulando o talento mozo a través da oratoria e do debate.