Trátase dun programa formativo para mellorar e impulsar a implantación da dixitalización, novas técnicas de venda e a innovación no comercio local e rural de Galicia, e será presentado este luns a negocios, empresas e entidades de Viveiro
Adapta Local é un programa formativo destinado a iniciativas do comercio local e rural galego, que pon o foco nas iniciativas innovadoras que potencien a comercialización do produto galego de forma sustentable e competitiva. Os obxectivos do programa son:
Consolidar a renovación tecnolóxica que viu o mercado galego.
Impulsar o comercio con estratexias de comercio intelixente no centro do seu modelo de negocio.
Potenciar un comercio dinámico que procura a excelencia e a mellora continua.
“O comercio é un sector estratéxico para a economía española e constitúe un elemento crave de vertebración territorial e dinamización da actividade social, económica e cultural. Para que o sector do comercio poida facer fronte a os retos derivados da aceleración da transformación dixital ,é necesario dotalo de ferramentas, plataformas, servizos dixitais de última xeración e impulsar a súa capacidade de innovación”.
Proponse situar as novas fórmulas de comercialización a través de medios dixitais como base da estratexia para engadir valor adicional ao cliente final. Isto implica que servirán como apoio ás fortalezas do comercio galego de proximidade: produto local, trato personalizado e distribución áxil.
Por iso, as novas fórmulas de comercialización e a innovación en técnicas para a venda son necesarias e preséntanse como unha oportunidade para o crecemento dos sectores de comercio local e rural.
O obxectivo é adaptar o comercio de proximidade ós cambios de hábitos dos consumidores apostando pola dixitalización e a sustentabilidade. Viveiro é unha praza comercial referente en tódala comarca, con gran variedade de negocios que atraen a clientes tanto da zona da Mariña como do Ortegal. O Centro Comercial histórico, no seu afán de xerar un sector comercial cada vez máis competitivo únese a este tipo de iniciativas para que os negocios asociados teñan tódalas ferramentas necesarias ó seu alcance para lograr este obxectivo.
O programa será presentado este luns 28 de outubro, ás 20:30h na Sala de Exposicións da Biblioteca municipal de Viveiro.