Site icon Crónica3.com A Mariña

Ante a alerta laranxa por forte temporal o Concello de Ribadeo suspende o mercado semanal deste mércores

Quedan pechados tamén todos os parques públicos e suspendidas as actividades previstas no exterior. Desde o Concello pídese “precaución á veciñanza durante as vindeiras horas, evitando achegarse aos cantís e paseos marítimos”. Á vez que recomendan retirar “as macetas ou outros obxectos ornamentais dos balcóns e ventás”.

Exit mobile version