Quedan pechados tamén todos os parques públicos e suspendidas as actividades previstas no exterior. Desde o Concello pídese “precaución á veciñanza durante as vindeiras horas, evitando achegarse aos cantís e paseos marítimos”. Á vez que recomendan retirar “as macetas ou outros obxectos ornamentais dos balcóns e ventás”.