O 112 Galicia foi coñecedor do suceso a través as urxencias sanitarias a falta de 20 minutos para as 12:00 horas, logo de que informasen de que unha ambulancia acababa de sufrir un accidente cun turismo, preto do Hospital de Burela. Os xestores do 112 Galicia compartiron a información coa Policía Local, que se ía desprazar ata o hospital, onde xa se atopaban os cinco feridos logo do choque, todos de carácter leve.