O concerto de Isabel Aaiún terá lugar a partir das 22.00 horas na praza do Seminario e enmárcase na xira “Potra salvaje” que a levará a distintas cidades españolas durante este outono. As entradas están a venda, a un prezo reducido de 5 euros, na oficina de turismo mindoniense.
As San Lucas, recoñecidas como de interese turístico galego, conservan a súa esencia como antiga feira cabalar. Máis de mil cabalos daranse cita nas distintas actividades, especialmente na baixada polas rúas na tarde do xoves, e na Gran Feira de Gando Cabalar do venres. Acollerán tamén concursos morfolóxicos, concursos de andadura ou espectáculos de doma.