O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita, que “reivindica a tradición cabalar desta zona -afirmou-, ao tempo que se converte en reclamo turístico e contribúe á dinamización económica local”. Na feira, que comezará ás 9.00 horas, venderase gando equino e asnal. Ao longo da xornada sucederanse tamén competicións, como probas aparexadas de andadura serrada e chapeada ou concurso morfofuncional de poldros.